ConcellosQuirogaÚltima hora

Remata o campo de voluntariado de Quiroga

Traballaron no acondicionamento do Castro de Penadominga, en Bendollo

 

Neste 27 de xullo remata o campo de voluntariado de Quiroga, onde os participantes traballaron no acondicionamento do Castro de Penadominga, en Bendollo. Estivo organizado pola Xunta e foi de ámbito autonómico, con oito mozos e mozas de Galicia.

A actuación no Castro de Penadominga centrouse no campo medioambiental onde se traballou na limpeza e o acondicionamento do acceso ao castro, na sinalización e dinamización da ruta, na creación dunha páxina web e nunha ruta virtual onde se mostra a cartografía, a planimetría e o perfil da ruta. Ademais de códigos QR xeolocalizados con información sobre a flora, a fauna e os puntos de interese.

 

 

Dende o Concello de Quiroga explican que o castro “estaba totalmente cuberto pola maleza dende hai anos e o plan ía encamiñado a que o lugar se poida visitar formando parte do conxunto de recursos culturais e turísticos do municipio de do Xeoparque Montañas do Courel”.

 

 

Polas tardes, as actividades dos voluntarios foron de carácter lúdico, como a visita as instalacións do Museo Etnográfico ou a visita á adega EDV, na que acompañados da concelleira de Xuventude, Ana Lucía Nogueira, ademais de ver as instalacións, puideron participar nunha cata na que recoñeceron esencias no viño que lles foran mostradas antes do inicio da cata.

 

Artigos relacionados

Back to top button