EconomíaEconomíaÚltima hora

Remata o curso “Capacitación de Supermercado” en Vilamartín

Viña desenvolvéndose nesta localidade valdeorresa dende o 3 de outubro coa participación de 15 persoas
Algúns dos alumnos, durante o curso./ Foto cedida.
Algúns dos alumnos, durante o curso./ Foto cedida.

Un grupo de 15 persoas veñen de completar o curso “Capacitación de Supermercado”, desenvolvido en Vilamartín de Valdeorras dende o pasado 3 de outubro. Os alumnos participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia).

Esa acción formativa, organizada polo equipo de Inclusión Socio-Laboral de A Rúa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, tivo unha duración total de 100 horas. A finalidade do curso era que os asistentes adquirisen os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder desenvolver diferentes ocupacións nas áreas dun supermercado: carnicería, peixaría e chacinería.

Unhas 15 persoas participaban nesta acción formativa impartida en Vilamartín./ Foto cedida.
Unhas 15 persoas participaban nesta acción formativa impartida en Vilamartín./ Foto cedida.

Est cursos están incluídas nos Itinerarios de Inserción Socio-laboral que os equipos de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar deseñan para as persoas -en situación de risco e vulnerabilidade- que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, segundo se informa dende a Consellería de Política Social.

Artigos relacionados

Back to top button