EconomíaEconomíaÚltima hora

Remata o servizo da brigada 2020 do Concello da Rúa

Brigada do Concello da Rúa.

 

Despois de varios meses de traballo, vén de rematar o servizo da brigada 2020 do Concello da Rúa, deixando obras e melloras en diferentes partes da localidade co apoio do resto de servizos municipais.

Dende o Concello agradecen a “implicación e compromiso” dos traballadores, asegurando que “a través do seu traballo, algo deles quedará sempre neste Concello para desfrute de todo o pobo e dos seus veciños e veciñas”. Arranxo, embelecemento e mantemento de beirarrúas en todo o termo municipal (A Rúa, Roblido, San Xulian, Somoza, Vilela); arranxo, mantemento instalacións do concello (pavillón, centro cultural avenida, centro de saúde, casa da cultura, casa do concello); arranxo e mantemento zonas axardinadas do concello,…

As prazas para a brigada deste ano estaban incluídas no Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade, da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button