ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Remata o Vilanadal 2018/2019 coa visita de Peludines Callejeros

O campamento urbano de Nadal en Vilamartín celebrouse no Pavillón do Bañadoiro

Despois de oito intensos días de xogos, inchábeis, obradoiros e visitas de personaxes de debuxos e tamén de Papá Noel, o Vilanadal 2018/2019, o campamento urbano de Nadal en Vilamartín de Valdeorras, remataba hoxe, venres 4 de xaneiro. E facíao cunha actividade sobre reciclaxe coa colaboración de Peludines Callejeros de Valdeorras e a entrega de agasallos. A organización levou asemade un carriño de flocos de millo e “hot dogs” como despedida ata o vindeiro ano.

O campamento celebrouse os días 24, 25, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro no Pavillón do Bañadoiro en horario de mañá, e contou coa asistencia dunha trintena de cativos de entre 3 e 14 anos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button