CarballedaConcellosEn portadaÚltima hora

Remata sen feridos un incendio declarado nunha nave industrial de Carballeda de Valdeorras

Fonte: 112 Galicia.

 

Rozando ás 21h. de onte martes declarábase un incendio que destruía por completo unha nave industrial, situada na parroquia de Riodolas, en Carballeda de Valdeorras. “Por fortuna, ninguén resultou ferido, xa que o lume produciuse fóra do horario laboral”, segundo informa o 112 Galicia.

Foi o responsable da actividade quen contactou co 112 Galicia ao fío das nove da noite de onte para informar da situación: “un incendio que comprometía a totalidade da estrutura. Unha nave con funcións de taller para o tratamento de lousa con bastante maquinaria no interior, que, por certo, lograron salvar os efectivos de extinción, malia as malas condicións para acceder á nave”, citando ao 112 Galicia.

Tamén a hora na que se produciu o incendio, despois da xornada de traballo, evitou que houbese persoas afectadas. Iso si, os danos materiais son importantes, pois a estrutura quedou completamente colapsada polo lume.

Tras recibir a información no 112 Galicia, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia iniciou as comunicacións necesarias para activar un operativo no que, ademais dos Bombeiros de Valdeorras, participaron efectivos dos distritos forestais da zona, debido, en parte, á necesidade de auga extra e de vehículos preparados para accesos complexos.

Igualmente, o operativo contou coa colaboración dos bombeiros do GES de Valdeorras e dos axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button