EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Remata unha obra para mellorar o acceso a viñedos en Parada de Sil

Esta intervención supuxo un investimento duns 64.187 euros

 

Acceso no que se realizou a intervención de mellora./ Foto: Concello de Parada de Sil.

 

Antes de comezar a vendima vén completarse unha obra de mellora e ensanche dos accesos a viñedos e a unha adega (Ronsel do Sil) nas proximidades do encoro de San Esteban, no municipio de Parada de Sil. Esta intervención estaba incluída nun programa da Xunta e supuxo un investimento duns 64.187 euros, dos que o Concello de Parada de Sil aportou o 25%.

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, vén de manifestar a súa satisfacción porque a obra concluíse antes de que se iniciasen os traballos de recollida da uva nesta zona da D.O. Ribeira Sacra xa que así “veciños e adegueiros terán máis facilidades para llevalos a cabo , así como todas as tarefas que as viñas requiran, que a partir de agora terán un bo acceso”.

Artigos relacionados

Back to top button