OurenseÚltima hora

Rematadas as obras de renovación do firme da rúa de Francisco de Moure, en Ourense

O proxecto contou cun investimento total de 48.000 euros

 

Cos últimos traballos de pintado da vía, remataba a execución das obras de acondicionamento do firme da rúa de Francisco de Moure, unha das principais vías do barrio do Couto, en Ourense.

As obras consistiron no fresado e na reposición da capa de firme e contaron cun investimento de 48.392,80 euros por parte do Concello. Forman parte das actuacións de mellora e acondicionamento de firme que o ente local desenvolve ao longo do ano naquelas rúas que o precisan.

A rúa de Francisco de Moure xa está plenamente operativa desde a fin de semana e ademais, o Concello realiza traballos de fresado e reposición de firme en tres rúas do barrio da Carballeira: Martínez Sueiro, Nicomedes Pastor Díaz e Castelo Ramiro, cun orzamento de 47.993,13 euros.

Artigos relacionados

Back to top button