ConcellosTrivesÚltima hora

Rematan as obras do primeiro tramo da rúa Real de Trives

Nova imaxe que ofrece o primeiro tramo da rúa Real tras as obras de humanización.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de finalizar o primero tramo das obras de renovación da Rúa Real, que incluían cambio de saneamento, sumidoiros, traída e desaugues, ademais da supresión do firme de formigón, colocando pedra no seu lugar.

A intención do goberno local é continuar coa seguinte fase da actuación o antes posible. “Tan pronto como remate o proceso de adxudicación”, adiantan, comenzaremos co seguinte tramo para, a continuación, seguir coa iluminación desta fermosa rúa no proceso de humanización das rúas da vila”.

 

 

 

Dende o Concello de Trives tamén se indica que por esta antiga e histórica rúa pasa o Camiño de Santiago.

Esta actuación súmase “a outras xa proxectadas para outras rúas nun proxecto de humanización e recuperación da esencia da vila que nunca debeu perder. Un ambicioso proxecto que mudará Trives para sempre”, aseguran dende o Concello trivés.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button