DeportesÚltima hora

Remedios Durán e Francisco Camba (Peña Trevinca Barco), subcampións galegos de Score en M21B e F21B

O campionato de orientación resolvíase esta fin de semana no mapa do Campus de Elviña (A Coruña)
Remedios Durán Pernas e Francisco Camba Rodríguez.

Máis de 300 orientadores asistían á segunda proba da Liga Galega de Orientación disputada a pasada fin de semana no mapa do Campus de Elviña (A Coruña). Unha competición na que ademais se determinaba o Campionato Galego de Score, modalidade na que o Club Peña Trevinca Barco lograba dous subcampionatos nas categorías M21B e F21B da man de Francisco Camba Rodríguez e Remedios Durán Pernas, e un terceiro posto en F16 a cargo de Cristina Neta Pérez.

De forma paralela e tal como explican dende o club barquense, celebrábase nas instalacións do colexio Liceo La Paz, o galego de eliminación no que o “incombustible” orientador ourensán Martín Morales lograba o subcampionato.

Artigos relacionados

Back to top button