PolíticaÚltima hora

Rememórase a figura do alcalde republicano de Ourense, Manuel Suárez, 82 anos despois da súa morte

Á lembranza terá lugar no centro municipal de San Francisco, a partir das 12 horas, o venres 26 de xullo

 

PSDEG.

Os socialistas ourensáns organizan un acto o vindeiro venres, 26 de xullo, pola memoria do que fóra alcalde de Ourense durante á República, Manuel Suárez, falecido fai 82 anos. Será no centro municipal de San Francisco, concretamente no espacio ocupado polas vítimas do franquismo, a partires das 12:00 horas.

O acto comezará cunha ofrenda floral ao alcalde e á lembranza de tódalas vítimas do franquismo, coa intervención do secretario provincial, Rafael Villarino, e Lola Suárez, filla de Manuel Suárez, que presenciarán representantes sindicais de UGT e das Xuventudes Socialistas de Ourense.

Este acto é organizado polos socialistas ourensáns en memoria do que fóra o último alcalde republicano de Ourense en 1936. Manuel Suárez comezou a súa vida política como concelleiro e máis tarde como vicepresidente da Deputación de Ourense. Conmemoran así a súa figura política truncada polo seu fusilamento no ano 1937.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button