OurenseÚltima hora

Renovación na xunta de goberno do Colexio de Arquitectura Técnica de Ourense

Publicidade
Nova directiva do Colexio de Arquitectura Técnica de Ourense./ Foto cedida.

 

Cambios á fronte do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Ourense. O pasado xoves 10 de xuño celebráronse nas oficinas colexiais, eleccións para a renovación da xunta de goberno desta entidade, resultando gañadora, cun 79% dos votos emitidos, a candidatura encabezada por Darío López Fernández e integrada por Rosa María Suárez González, David Iglesias Morenza, José Manuel Rey Lorenzo, Andrea Diéguez Giráldez e Patricia Armada Iglesias.

As iniciativas impulsadas pola nova dirección irán encamiñadas “ao reforzo do visado colexial como garantía técnica da documentación pairas os cidadáns, á mellora da formación continua dos aparelladores e ao achegamento dos servizos administrativos a todos veciños da provincia de Ourense”, tal e como adiantan.

A toma de posesión realizarase a próxima semana, unha vez sexa validada polo Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España. O seu presidente, Alfredo Sanz Coma, felicitou á nova directiva colexial nun encontro por videoconferencia.

Artigos relacionados

Back to top button