EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Reparto de castañas asadas e ritmo de charanga nas rúas barquenses

O Barco CCA poñía en marcha a campaña “Vas levar unha castaña ou máis!” coincindido co día de San Martiño

Ao longo da mañá do 11 de novembro os establecementos asociados ao Barco Centro Comercial Aberto repartían castañas asadas entre os seus clientes no marco da campaña de outono “Vas levar unha castaña ou máis!”. Ao mesmo tempo dende as once da mañá as rúas animábanse co ritmo da charanga Compostela, que percorría a vila.

Esta acción promocional serve de prólogo á celebración do magosto de San Martiño que terá lugar en Viloira a partires das seis e media da tarde, promovida polos veciños deste pobo e polo Concello do Barco.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button