ConcellosÚltima hora

Reparto de mascarillas na volta ao traballo en Verín

Están sendo entregadas pola Garda Civil e a Policía Local en puntos como a estación de autobuses da vila

 

Dende primeira hora da mañá, a Garda Civil e a Policía Local de Verín iniciaban o reparto de mascarillas na estación de autobuses da vila, para todas aquelas persoas que teñan que desprazarse aos seus postos de traballo utilizando os principais nodos de transporte.

Este material forma parte dos 10 millóns de máscarillas adquiridas e xestionadas polo Goberno central, das que corresponden 602.000 á Comunidade autónoma de Galicia, e 68.000 á provincia de Ourense.

Tamén se reforzará, a partir deste luns, a presenza de axentes das Forzas e Corpos de Seguridade nos nodos de transporte para realizar as comprobacións pertinentes para garantir que os movementos sexan só os permitidos polo Real Decreto de estado de alarma.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button