OurenseÚltima hora

Reparto de mascarillas nas estacións de tren e autobuses a cidade de Ourense e nas principais paradas de bus urbano

 

Arredor das oito da mañá deste luns poñíase en marcha a distribución na provincia de Ourense de mascarillas aos traballadores que retoman a actividade laboralao COVID-19. A distribución deste material sanitario desenvólvese nos principais nodos de transporte público da provincia, así como nos principais polígonos industriais e empresariais e en áreas de servizo.

O operativo na cidade de Ourense levouse a cabo nas estacións de tren e autobuses, así como nas principais paradas de bus urbano. Tamén se realizou reparto de mascarillas nas estacións de municipios como O Carballiño, Allariz, Verín, O Barco e Celanova e en polígonos como o Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, o Polígono de Barreiros, o Polígono de Chorente, o Polígono de Pereiro de Aguiar e o Polígono Industrial de Pazos.

O subdelegado do Goberno, Emilio González, destacou que o reparto das mascarillas, enviadas polo goberno central, realízase coa colaboración da Policía Nacional e da Garda Civil, así como co apoio das policías locais e agrupacións de protección civil dos concellos.

Emilio González sinalou que “o obxectivo é chegar ao maior número de traballadoras e traballadores que se reincorporan á actividade laboral, para que poidan dispoñer de mascarillas nos seus desprazamentos ao centro de traballo”.

O subdelegado do Goberno aclarou, como xa fixo o Executivo, que o uso de mascarillas “non é obrigatorio, pero si recomendable”. Esta medida enmárcase dentro da estrita limitación de movementos vixente dende o inicio do estado de alarma e está en consonancia coas prioridades e recomendacións marcadas polo Ministerio de Sanidade, entre as que se recomenda o uso de mascarillas para traballadores que non poidan teletraballar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que empregar medios de transporte público.

Despois da primeira xornada de distribución, o Goberno proseguirá mañá martes, 14 de abril, na provincia de Ourense o reparto das mascarillas enviadas a Galicia para a protección dos traballadores e traballadoras que se desprazan aos seus centros de traballo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button