ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Reparto de material de intervención de emerxencias en 11 concellos ourensáns

Entregábanse catro vehículos e sete remolques con material de intervención de emerxencias

No recinto feiral de Expourense tiña lugar na mañá do 17 de xaneiro o acto de entrega de catro vehículos e sete remolques con material de intervención de emerxencias a once entidades locais da provincia de Ourense. A achega do material realizouse ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para equipar en emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes.

En concreto, hoxe entregáronse catro todoterreos pick up para os concellos de Avión, O Barco de Valdeorras, A Mezquita e Viana do Bolo; e sete remolques de emerxencias para O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Maceda, Piñor, Ribadavia e a agrupación de concellos de Laza. O investimento superou os 270.000 euros, que se suman ao millón de euros xa investido nesta materia durante o ano 2015. “Os remolques veñen equipados con electrobombas sumerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras, unha torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización”, tal e como se informa dende a Xunta de Galicia.

O acto de entrega contaba coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor; da delegada territorial na provincia, Marisol Díaz Mouteira, así como de representantes dos concellos.

Artigos relacionados

Back to top button