ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Repasando a época dourada do pop español con “Los Íñigos”, no Barco

Este sexteto valdeorrés actuaba na tarde do 14 de setembro ante un numeroso público no campo da festa

 

Dende os anos 60, cun apartado moi especial para a década dos 80, ata os 90. Los Íñigos conquistaba novamente a un numeroso público na tarde do 14 de setembro no Barco cun repaso polos grandes éxitos das últimas décadas da música española.

 

 

O sexteto valdeorrés comezaba, tal e como acostuma, con “Cuéntame”. Logo viñan coñecidos temas dos 60 e 70, e, seguidamente, cancións de referencia dos 80 como “Me colé en una fiesta” de Mecano ou como “La Puerta de Alcalá” de Víctor Manuel e Ana Belén. Non faltaban tampouco “Embrujada” de Tino Casal, así como algunha peza dos Secretos.

 

 

O grupo incidía deste xeito de forma especial nesa época dourada do pop español e no seu concerto, que se desenvolvía na carpa instalada no campo da festa, rendíalle unha especial homenaxe a Pau Donés, interpretando “La Flaca” de Jarabe de Palo.

Esta actuación musical pechaba o programa cultural “O Cristo 2020”, promovido polo Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button