OurenseÚltima hora

Repintado da dobre liña continua na N-120 entre a cidade de Ourense e Os Peares

Imaxe do repintado realizado na N-120 entre Os Peares e Ourense./ Foto cedida.

 

A Subdelegación do Goberno en Ourense vén de informar da realización de traballos de repintado con dobre liña continua e resaltos sonoros na estrada N-120 entre a cidade de Ourense e Os Peares. Esta actuación,  foi levada a cabo polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

A intervención, consistente no repintando da N-120 no tramo comprendido entre os puntos kilométricos 548+830 e 564+300, implicou a execución no eixe central da devandita estrada dunha dobre liña continua con resaltos sonoros. Os traballos, que se enmarcan no ámbito de melloras da seguridade vial, supuxeron unha inversión próxima aos 50.000 euros.

“O obxectivo fundamental desta actuación do Mitma, consensuada coa Dirección Xeral de Tráfico e coa Garda Civil de Tráfico, pretende evitar as invasións do carril contrario por despistes na condución”, segundo indica a Subdelegación do Goberno de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button
Close