DeportesOurenseÚltima hora

Representación ourensá no campionato de Europa de policías e bombeiros

A bombeira Almudena Suárez competirá no europeo do 12 ao 21 de xullo en Bruxelas
Recepción no Concello de Ourense da bombeira Almudena Suárez.
Recepción no Concello de Ourense da bombeira Almudena Suárez.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, recibían na mañá do mércores 9 de xullo a Almudena Suárez Pazos, bombeira ourensá que participará no campionato de Europa de policías e bombeiros, que se desenvolverá do 12 ao 21 de xullo en Bruxelas.

Tal como adiantan dende o Concello, Almudena contará co apoio municipal para participar nesta proba, e lucirá unha equipación co logotipo de “Ourense, Capital Termal”, coa finalidade de que “a súa participación neste evento sirva para a promoción do potencial de Ourense como destino turístico e termal”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button