Representación ourensá no European Film Market da Berlinale

As produtoras Noveolas Producciones e Boneca Lareta están presentes no EFM do 69ª edición do Festival de Berlin

Aitor Rei e Simone Saibene en Berlín./ Foto cedida.

Cinema con selo ourensán en Berlín (Alemaña). Dúas produtoras da provincia estarán presentes no European Film Market da Berlinale, que se desenvolve no marco da edición número 69 do Festival Internacional de Cine de Berlin, no stand “Cinema from Spain-Films From Galicia”.

Unha delas será Noveolas Producciones que chega a esta mostra da man de Simone Saibene e co catálogo das súas anteriores longametraxes: “9 ondas” e “Pelerinaxes” coa cal está pendente de concretar nese mesmo mercado unhas ventas televisivas internacionais.

Tamén acudirá a esta mostra cn novo proxecto en produción, “10/7”, dirixido por Xoel Méndez, ademais dun novo documental en fase de desenvolvemento dirixido por Saibene e cuxo título provisional é “Contraportada”.

Por outra banda, a produtora Boneca Lareta de Aitor Rei, tamén está presente no mercado. Leva as súas producións anteriores e sobre todo o filme “Frankenstein-04155”, que vén de estrearse cun 20.2% de share na TV3 e está pendente de estrearse internacionalmente.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies