DeportesÚltima hora

Representación valdeorresa na V Festa do Atletismo Galego en Pontevedra

Os atletas valdeorreses Luan Henrique e Aldara Basteiro en Pontevedra./ Foto: Club Adas.

 

A segunda proba post-covid desta inusual tempada de atletismo reunía o 15 de agosto nas pistas do CGTD a un importante e destacado número de atletas para tomar parte na V Festa de Atletismo Galego-Peregrina 2020. Entre os asistentes non faltaba unha representación do Club Adas do Barco.

O primeiro en tomar a saída na competición era Luan Henrique Silva na proba dos 110 metros valados Sub-18, onde conseguía unha terceira posición e un tempo (15.84) “prometedor despois de case 5 meses sen competir e moi pocos días de adestramento”, tal e como indican dende o Club Adas.

Tamén acudía a esta cita galega Aldara Basteiro. Participaba “nunha comoeticion de altura coa presenza entre as participantes, de Saleta Fernández, campioa de España”, resalta o Adas.

 

Artigos relacionados

Back to top button