OurenseÚltima hora

Representantes dos balnearios reúnense co presidente da Deputación para planificar a estratexia “Ourense, destino termal seguro”

O obxectivo do encontro foi o de analizar a situación e coordinar a reapertura do sector

Os representantes dos balnearios reuníronse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar para analizar a situación do sector despois do estado de alarma e planificar a reapertura dos balnearios a partires do mes de xullo, no marco do programa de “Termalismo Social”. O encontro celebrouse no balneario de Arnoia e centrouse principalmente nas medidas a tomar para que a provincia de Ourense sexa un “destino termal seguro”.

 

Durante o encontro.

 

En primeiro lugar, dende os balnearios mostráronse dispostos a cooperar con medidas xerais comúns para implementar en todos os balnearios. Estas medidas son a xestión de puntos críticos, mantemento hixiénico sanitario da auga, aplicación do Manual de Seguridade Alimentaria e a trazabilidade do produto e o mantemento corretivo e preventivo de equipos e instalacións.

Ademais, tamén acordaron que deberán contar con protocolos específicos para atender aos clientes nas distintas zonas. Estre estes protocolos están medidas específicas de atención nas cabinas; atención en técnicas que inclúan o acompañamento á cabina en todo momento evitando o contacto con superficies; a preparación do masaxista en materia de hixiene para administrar a técnica; medidas de atención ao cliente en piscina e operativas para manter o aforo tanto nos vasos como nas zonas de repouso, así como o uso adecuado e a desinfección das tumbonas, e un protocolo específico de atención no servizo médico.

 

 

Por outra banda, a consulta médica inicial para tratamentos de 5 ou máis días sería un requisito básico. Así, nos establecementos con comedor-buffet, o maitre recibiría ao cliente na entrada do comedor, para explicarlle as normas, e aínda que o cliente poida escoller os platos e a bebida, sempre deberían ser servidos polo persoal.

 

Artigos relacionados

Back to top button