ConcellosO BarcoÚltima hora

Repuntan a 21 os casos de Covid no Barco, que pasa a alerta laranxa no mapa do Sergas

Panorámica da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Nova xornada de incremento de casos de Covid-19 no municipio do Barco. Segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello, son 21 os positivos rexistrados, o que supón 3 máis que onte. Por segundo día consecutivo rexístrase unha suba de 3 positivos neste municipio.

Ademais O Barco sobe no nivel de alerta no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade. Ata onte estaba en nivel de alerta 1 (amarelo) e hoxe pasa a nivel de alerta 2 (laranxa). Isto significa que, segundo os datos da consellería, neste concello téñense rexistrado entre 14 e 21 novos casos de Covid-19 confirmados por PCR nos últimos 7 días.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button