En portadaÚltima hora

Repuntan a 5 os ingresos por coronavirus no Hospital de Valdeorras

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen baixando as cifras de casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 27 de novembro), rexístranse 510 casos activos de coronavirus (23 menos que onte), se ben soben lixeiramente as hospitalizacións en planta con 56 (1 máis que onte) e na UCI con 8 (1 máis que onte), así como os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 17 (fronte aos 15 de onte).

Con respecto aos ingresos o Hospital de Valdeorras conta hoxe con 5 pacientes con coronavirus en planta (un máis que onte), mentres que o Hospital de Verín ten 4 (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 47 en planta (os mesmos que onte) e 8 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.507, con 6.706 curados e 290 falecidos (os mesmos que onte, xa que a provincia leva dúas xornadas consecutivas sen rexistrar falecementos). Polo de agora lévanse realizado 113.882 probas PCR.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close