SanidadeÚltima hora

Repuntan a 7 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Lixeiro incremento no número de ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 1 de decembro), son 7 as persoas hospitalizadas en planta, unha máis que onte. Por outra banda, o Hospital de Verín ten 2 ingresos (os mesmos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 32 en planta (11 menos que onte) e 6 (os mesmos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos.

Ademais, mantense a tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 na provincia. Segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 30 de novembro), rexístranse 449 casos activos de coronavirus, mentres as hospitalizacións en planta son 51 e 6 na UCI, e os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas repuntan a 16 (fronte ás 10 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.566, con 6.835 curados e 294 falecidos (os dous últimso onte, no Hospital Universitario de Ourense). Polo de agora lévanse realizado 116.314 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button