A RúaConcellosÚltima hora

Repuntan os casos activos de coronavirus na Rúa, cun total de 5

Vía principal da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Seguen subindo os casos activos de Covid-19 na comarca de Valdeorras. Na xornada deste venres 22 de xaneiro, O Barco rexistra un total de 25 e A Rúa, despois de máis dunha semana cun único caso (dunha persoa non residente na localidade), volve repuntar con 5 positivos, segundo os datos facilitados ao Concello dende a Consellería de Sanidade. En principio os contaxios son no entorno familia e parece acotado, tal como adiante o alcalde, “pero xa se verá”, asegura.

Lembramos que A Rúa, igual que toda Galicia está no nivel medio-alto de restricións, o que implica: hostalería aberta ata as 18 horas co 30% de aforo no interior e 50% no exterior; agrupacións de máximo 4 persoas; restrinxida a mobilidade nocturna de 22 a 6 horas; e  peche de establecementos comerciais ás 21:30 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button