En portadaÚltima hora

Repuntan os casos activos de Covid no Barco, que chega aos 112, e na Rúa con 37

A comarca de Valdeorras rexistra un total de 175 positivos, os mesmos que onte

Área recreativa do Aguillón, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Xornada de relativa estabilidade en canto a positivos de Covid-19 en Valdeorras. Neste xoves 5 de agosto a comarca rexistra un total de 175 casos activos de Covid, os mesmos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte, baixando os casos nuns concellos pero subindo noutros.

É o caso do Barco que conta con 112 casos activos, 2 máis que onte; e tamén A Rúa que hoxe rexistra 37 positivos, 5 máis que onte. Por contra, baixan os casos en Larouco que nesta xornada ten 5 positivos, 1 menos. Tamén baixan os casos na Veiga con 2, 1 menos que onte; Carballeda de Valdeorras que ten 1, 2 menos que onte; e Vilamartín de Valdeorras que pasa de 11 a 8.

O Bolo mantén 4 positivos, Rubiá 5 e Petín 1.

1.596 casos activos na provincia

Pola contra, seguen descendendo os casos activos na provincia de Ourense que rexistra un total de 1.596 casos activos, o que supón 68 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button