CulturaCulturaenBarcArteÚltima horaVídeos

“Réquiem”, un SOS polo planeta na praza do Concello do Barco

Esta instalación, formada por catro televisores, forma parte do 2º enBarcArte

No marco dunha folga global que clama polo futuro do planeta xurde “Réquiem”, unha obra realizada polo colectivo Las Viudas del Planeta e que forma parte da segunda edición do Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano do Barco, enBarcArte.

De maneira directa e crúa lánzase un claro SOS polo planeta terra a través de catro televisións que recrean un rostro e explican a problemática ambiental deste momentos, ademais de facer unha chamada para mudar a situación. Esta é a única instalación dun colectivo neste segundo enBarcArte, no que poden verse un total de oito obras na rúa. O festival prolongarase ata o vindeiro 29 de setembro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Tres das promotoras de Las Viudas del Planeta explican neste vídeo a súa motivación e a da obra “Réquiem”.

 

Artigos relacionados

Back to top button