CulturaCultura

“Resaca”, dos ourensáns iLMaquinario, estréase mañá no Auditorio de Ourense

A peza está dirixida por Tito Asorey que asegurou que o argumento pretende “pórlle freo á velocidade da sociedade, que tira sempre para adiante”
Jesús Vázquez e Belén Iglesias canda ao director da obra Tito Asorey.

A compañía ourensá iLMaquinario Teatro vén de presentar a súa última proposta escénica que se estreará mañá ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Baixo o título “Resaca”, esta obra dirixida por Tito Asorey, que dixo que a peza pretende “pórlle freno á velocidade da sociedade actual, que tira sempre para adiante e celebrar a fin da festa”. Para iso empregarán diferentes linguaxes sobre o escenario: poesía, performances, música… Ademais da estrea de mañá, “Resaca” fará un pase o venres e o sábado, ás 20:30 horas e outro o domingo, ás 19:00 horas.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, cualificou “Resaca” como “una proposta multidisciplinar que permitirá aos espectadores sorprenderse, emocionarse e vivir”.

Logo de adaptar os textos ingleses e alemáns, “Resaca” é unha obra de inspiración colectiva e cunha dramaturxia propia. Unha obra máis “achegada á sociedade, máis política”, en palabras do seu director, que agradeceu ás institucións (Concello e AGADIC) a posibilidade de facer “teatro en liberdade”. A obra vai, ademais, acompañada por unidades didácticas que permiten achegar o teatro aos colexios e intercambiar opinións nas funcións escolares que serán ás 11:00 e 16:00 horas do luns 30 de xaneiro.

iLMaquinario, que naceu en 2012 con actores formados na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD), está actualmente nomeada ao premio á mellor dirección polas Asociacións de Directores de Escena de España por “Perplejo”, a súa obra anterior. Comparten nomeamento con nomes tan importantes como “Helena Pimenta”, do Centro Dramático Nacional de Teatro Clásico, ou “Ernesto Caballero”, do Centro Dramático Nacional. O próximo 14 de febreiro saberase o gañador.

Artigos relacionados

Back to top button