ConcellosParada de SilÚltima hora

Rescatada unha muller tras caer por un terraplén en Parada de Sil

 

Nesta tarde de 25 de xullo, arredor das sete e media, unha muller caía por un terraplén cando camiñaba á beira do río Mao no municipio de Parada de Sil.

“A dificultade de acceder á ferida obrigou a activar un operativo de rescate no que participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade, así como os membros do GES de Castro Caldelas”, tal e como informa o 112 Galicia. Tamen se mobilizaba á Gardia Civil e ao 061.

Artigos relacionados

Back to top button