ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Rescatada unha persoa ferida tras sufrir unha caída de altura en Folgoso do Courel

 

Unha persoa resultaba ferida esta mañá no municipio lucense de Folgoso do Courel ao caer por unha pendente moi escarpada. Arredor das 10h. un particular contactaba co 112 Galicia para solicitar medios sanitarios para unha persoa que caera desde unha altura e presentaba dificultades de acceso, no lugar de Lousadela, en Seceda, concretamente, na LU-P-1306, en Folgoso.

Así, tras recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo de intervención no que participaban, ademais dos medios sanitarios, os Bombeiros de Monforte, os membros do GES de Folgoso do Courel, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección da localidade, tal e como informa o propio 112 Galicia. Así mesmo, ata o lugar tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que o persoal sanitario derivou ao punto.

“Segundo informaron os Bombeiros, o home, caído por un terraplén duns 25 metros de altura, atopábase á beira do río Lóuzara. Foi preciso o uso de cordas e unha padiola-nido para o rescate. Así, nada mais ser rescatado, unha ambulancia trasladou ao ferido ata o lugar onde o helicóptero tomou terra para, posteriormente, derivalo ao Centro Hospitalario Universitario Lucus Augusti”, seguindo a información feita pública polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button