CarballedaConcellosÚltima hora

Rescatado tras caer por un terraplén na OU-0802, en Carballeda de Valdeorras

 

Contra as nove da pasada noite, tiña lugar unha saída de vía na estrada OU-0802, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras. Un particular informaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) de que acababa de presenciar unha saída de vía dun vehículo que caera por un terraplén.

Con estes datos, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios, dos bombeiros do parque comarcal e dos bombeiros do GES Valdeorras, así como da Garda Civil de Tráfico. “Cando os medios chegaron ao lugar, o condutor e único ocupante do vehículo estaba fóra do coche, pero atopábase nunha zona de díficil acceso. Finalmente, os Bombeiros de Valdeorras conseguiron rescatar ao ferido, que foi trasladado en ambulancia”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button