OurenseÚltima hora

Rescatado un home que sufría un accidente no alto dunha árbore en Amoeiro

 

Esta tarde os servizos de emerxencia rescataban esta tarde en Amoeiro a un home que resultaba ferido no alto dunha árbore. Sufría un accidente e resultaba ferido de consideración mentres cortaba leña nunha leira particular, segundo informa o 112 Galicia.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os Bombeiros de Carballiño e O Ribeiro, así como o persoal sanitario do 061. “Debido á gravidade das lesións sufridas, o equipo sanitario comunicou ao 112 a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atendelo. Co fin de colaborar na aterraxe da aeronave e prestar apoio ao operativo de rescate, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso de inmediato aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Amoeiro”, tal e como informa o 112 Galicia.

Malia que o helicóptero de urxencias sanitarias tomase terra no lugar dos feitos ao fío das 18:15 horas, finalmente, o home foi evacuado en ambulancia ata o Hospital Universitario de Ourense, matiza o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button