En portada

Rescatando a cultura da roda de afiar

O mundo dos afiadores, no V Congreso de Patrimonio Etnográfico que será en outubro
Rodas de afiar./ Foto: Carlos G. Hervella.
Rodas de afiar./ Foto: Carlos G. Hervella.

O dos afiadores é un oficio especialmente vencellado á provincia de Ourense. Co paso do tempo, foi a menos, pero ten deixado unha importante pegada cultural e etnográfica na que afondará o V Congreso de Patrimonio Etnográfico (II Internacional), titulado “O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais”.

Desenvolverase os días 9, 10, 11 e 13 de outubro en escenarios como Ourense, Nogueira de Ramuín, Trives ou Parada de Sil. Entre os seus ponentes haberá algúns chegados de Francia e Italia, que abordarán, dende diferentes campos, o mundo do afiador a través de conferencias, mesas redondas, comunicacións e mesmo saídas pola xeografía ourensá. “O cerne desta iniciativa é fomentar a visibilización do patrimonio inmaterial e da súa riqueza na Galicia interior, así como presentar novas prácticas para a súa difusión e inmersión nos programas educativos”, segundo a organización, en mans da Deputación de Ourense, a través do CCP Xaquín Lorenzo, e a Facultade de CC. da Educación do Campus de Ourense, entre outras entidades. O prazo de inscrición para poder paticipar remata o 30 de setembro.

A conferencia “O oficio de afiar” de Olegario Sotelo Blanco abrirá o congreso na tarde do 9 de outubro no Edificio de Ferro do campus.

Texto: A.R.
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button