ConcellosPetínÚltima hora

Rescate dunha persoa no cemiterio de Petín

 

Arredor das 10:15h. desta mañá o 112 Galicia recibía un aviso informando de que unha persoa caera dun tellado dun nicho no cemiterio de Petín mentres estaba a reparalo. “Segundo a información recollida no 112 Galicia, o varón sufrira un golpe na cabeza e necesitaba axuda para baixar da altura”, tal e como se informa dende entidade.

Así, ata o lugar do sucedo acudían os bombeiros do parque comarcal e o GES de Valdeorras, que rescataron á persoa. Posteriormente, o varón foi atendido polos servizos sanitarios e trasladárono ao Hospital Público de Valdeorras, tal e como indica o 112 Galicia.

Ademais, neste operativo interviñeron os axentes da Garda Civil e Protección Civil de Petín, que mobilizáronse ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button