CulturaCulturaÚltima hora

Reserve xa o calendario 2015 de O Sil no seu quiosco

Un elemento moi útil os 365 días do ano e con multitude de imaxes da Galicia interior
Unha das páxinas do calendario 2015 do Periódico O Sil.
Unha das páxinas do calendario 2015 do Periódico O Sil.

Un ano máis e, a pesar da complexa conxuntura económica, o Periódico O Sil asume o reto de editar o seu calendario de sobremesa que tan boa acollida está tendo, ano tras ano, dende a súa saída á rúa por primeira vez no 2001. Os nosos subscritores recibirano co Especial Nadal de O Sil como un recoñecemento á súa fidelidade e apoio a este medio de comunicación. Os subscritores son un dos piares que fan posible que, a pesar das duras condicións actuais, esta cabeceira siga manténdose e poñendo na rúa cada mes unha nova edición, así como multitude de especiais. De aí a importancia de seguir contando coa súa confianza no futuro e de poder aumentar o seu número. Pero aqueles que non son subscritores tamén terán a posibilidade de adquirilo nos quioscos por un prezo de 3 euros.

Cada ano que pasa procuramos mellorar e facer máis práctico e útil este calendario, así como máis atractivo. Por iso mimamos o seu deseño (do que se ocupa Eduardo Martín Pita) e tamén a selección das fotos que o ilustran (obra de Carlos G. Hervella) nos meses do vindeiro ano 2015. Son dúas imaxes por mes (ás que hai que engadir ás da cuberta e contracuberta). Cada unha delas vai ademais acompañada dunha cita célebre e de información dos días e das lúas do mes correspondente.

Un dos obxectivos desta edición é amosar os múltiples e valiosos recursos naturais, paisaxísticos, patrimoniais, etnográficos, deportivos, etc. da Galicia interior. A mellor forma de defender esta riqueza, que está ao noso carón, é coñecéndoa e valorándoa, de aí o noso esforzo por difundila.

O calendario ábrese con dúas portadas: unha delas captura un engaiolante amencer no eito de Galicia, Trevinca, e a outra un solpor no encoro das Portas (Vilariño de Conso). A partir de aí, pasando as diferentes páxinas pode realizarse unha viaxe polas tradicións máis ancestrais (como os fachóns ou o Entroido) da provincia, a gastronomía, as súas paisaxes, o patrimonio artístico e natural, as súas citas deportivas e festivas, etc.
Ademais, das 24 páxinas desta publicación, un total de 12 están en galego e castelán e o resto en inglés e portugués. A información deste calendario complétase cunha serie de teléfonos de interese, entre os que figuran os dos concellos da provincia de Ourense.

O calendario está á venta nos quioscos a un prezo de 3 euros.

Artigos relacionados

Back to top button