ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A residencia da terceira idade de Valdegodos festexa a Virxe dos Milagres

Residentes, familiares, traballadores e responsables da Residencia da Nosa Señora dos Milagres de Valdegodos (Vilamartín) celebraban o día 8 de setembro á festa da súa patroa. Con este motivo neste centro da Fundación Valdegodos tiña lugar unha xornada de convivencia e celebración que comezaba cunha eucaristía e procesión, seguida dun xantar festivo con suculento menú que comezaba con marisco, seguía con peixe e, a continuación, con cabrito asado e ensalada, ademais de sobremesa e brindes de sidra ou cava.

Como cada ano, cada residente contaba cos seus propios convidados, ubicados nas súas respectivas mesas para a ocasión, boa parte delas instaladas nos dous comedores do primeiro andar. Despois do xantar a festa continuaba con música e baile no recinto exterior da residencia.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button