ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Residencia Nosa Señora de Fátima do Barco conmemora a festividade da patroa

A misa e o xantar de festa para residentes e familiares tiñan lugar no mediodía do venres 5 de maio

Falta unha semana para a celebración da festa na honra á Virxe de Fátima (13 de maio), pero na residencia da terceira idade do Barco de Valdeorras adiantáronse á data e tiñan a súa propia celebración no mediodía do venres 5 de maio.

Así a residencia privada Nosa Señora de Fátima vestíase unha vez máis coas súas mellores galas para honrar e homenaxear á súa patroa. Familiares e residentes participaron nos actos organizados pola entidade, que comezaron pasadas pasado o mediodía cunha misa solemne presidida polo sacerdote Ángel Sánchez.

Malia que nun principio contemplábase como escenario o xardín exterior da residencia, finalmente a celebración litúrxica tiña lugar na capela do centro, ante a ameaza da choiva. Pero iso non lle restou espectacularidade ao evento, que estivo acompañado musicalmente por unha charanga. A mesma encargada de amenizar os aperitivos, que se serviron para todos os asistentes no comedor da residencia, trala misa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button