Publicidade
ConcellosÚltima hora

A restauración do granito, eixo dun curso especializado en Parada de Sil

Leva por título “Alteración, análise, prevención e tratamento do granito” e desenvolverase ata o 23 de outubro na Fábrica da Luz
Un dos momentos do curso que se imparte na Fábrica da Luz de Parada de Sil.
Un dos momentos do curso que se imparte na Fábrica da Luz de Parada de Sil.

Investigadores, científicos, estudantes e profesionais do mundo da pedra, da arte e da restauración danse cita nesta fin de semana en Parada de Sil. Ata o domingo 23 de outubro a Fábrica da Luz acolle o curso “Alteración, análise, prevención e tratamento do granito”, dirixido por Carmen Gómez Feito e Gonzalo Buceta Bruneti.

Na apertura deste foro, o 21 de outubro, Carmen Gómez agradecía o apoio das institucións e aludía ao Concello de Parada de Sil como “referente en Galicia na posta en valor dos recursos naturais e históricos como fonte de ingresos económicos”. Pola súa banda o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide, aseguraba que “a aposta que dende hai anos vimos facendo pola cultura resulta un investimento rendible económicamente e sostible no tempo”. Ademais pedía unha reflexión aos expertos para ver cómo actuar na conservación cos moitos restos arqueolóxicos que existen neste municipio ourensán, entre eles a necrópole de San Vítor de Barxacova. Asimesmo, convidaba aos asistentes a disfrutar de Parada e voltar para descubrir a sua beleza e o seu engado particulares.

Nestas xornadas están a participar un recoñecido grupo de profesionais do eido académico e científico, así como do empresarial, entre os que se atopan Benita Silva Hermo (doutora en Ciencias Químicas e profesora na USC), Teresa Rivas Brea (doutora en Ciencias Biolóxicas e profesora da USC), María Eugenia López de Silanes (doutora en Ciencias Biolóxicas, Universidade de Vigo), Cristina Montojo Santos (Profesora da ESCRBCG), Fernando Carreira Ramírez (doutor en Historia e profesor na ESCRBCG), E. Bregan Neto (arqueólogo), Gonzalo Buceta Bruneti (conservador-restaurador) e María José Yravedra Soriano (doutora en Arquitectura).

Ademais de asistir ás charlas, os asistentes (chegados de diferentes puntos da península) visitarán o Mosteiro de Santa Cristina, a citada necrópole medieval de San Vítor de Barxacova e outras empresas locais colaboradoras.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close