CulturaCulturaÚltima hora

Restos arqueolóxicos da guerrilla antifranquista amósanse en Casaio nunhas xornadas de portas abertas

Durante unha semana o equipo de Sputnik Labrego analizará nas antigas escolas os resultados da campaña arqueolóxica realizada o pasado xuño

Foto: Sputnik Labrego.

 

Dende o vindeiro día 2 de setembro o longo dunha semana (ata o día 6) o equipo de Sputnik Labrego analizará nas antigas escolas de Casaio o conxunto de materiais arqueolóxicos recuperados durante as escavacións realizadas no pasado mes de xuño na denominada “Cidade da Selva”, é dicir, nos campamentos que a guerrilla antifranquista tiña nos montes desta localidade de Carballeda de Valdeorras.

Esta intervención centrouse en sete chozos e permitiron sacar á luz unha importante cantidade de material arqueolóxico que será analizado agora por expertos de diversas universidades de Galicia, País Vasco e Madrid. “Esta campaña achegou moito material relacionado coa vida cotiá dos guerrilleiros e das súas duras condicións no monte”, aseguran Alejandro Rodríguez e Carlos Tejerizo, coordinadores da escavación.

Foto: Sputnik Labrego.

 

Esta análise do material irá acompañado dunhas xornadas de portas abertas para que o público interesado poida non só ver o material senón tamén comprobar os avances no seu estudo en tiempo real. O horario para as visitas será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Os progresos dos investigadores tamén poderán seguirse a través da páxina deste proxecto en Facebook.

 

Artigos relacionados

Back to top button