ConcellosO BarcoÚltima hora

Restriccións de tráfico en 3 rúas do Barco por obras na vindeira semana

 

Dende o Concello do Barco vén de infomarse de que nos próximas días 3 ,4,7 e 8 de febreiro procederase á realización das obras de asfaltado das rúas Florencio Delgado Gurriarán, Virxen da Barxa e Retorno, na coñecida como zona das Casas Baratas da vila. “Por este motivo, será necesario restrinxir o tráfico, e mesmo cortalo totalmente durante algunhas hora de forma puntual”, adianta o Concello.

Os traballos levaranse a cabo os días indicados, de 8 da mañá a 8 da tarde, e dende o Concello do Barco prégase aos veciños da zona que sigan as indicacións dos operarios encargados da regulación do tráfico, “para conseguir que as obras leven a cabo coas menores molestias para os habitantes desta zona”. Ademais “aconséllase estacionar no aparcadoiro situado na rúa Manuel Quiroga, e na zona do Cemiterio”.

Artigos relacionados

Back to top button