ConcellosO BarcoÚltima hora

Restrinxido o acceso por San Roque á zona das Casas Baratas no Barco

 

Tal e como se anunciara dende o Concello do Barco, dende esta semana e ata o vindeiro 8 de febreiro procederase á realización das obras de asfaltado das rúas Florencio Delgado Gurriarán, Virxen da Barxa e Retorno, na coñecida como zona das Casas Baratas da vila. “Por este motivo, será necesario restrinxir o tráfico, e mesmo cortalo totalmente durante algunhas horas de forma puntual”, adianta o Concello. O acceso está restrinxido dende o cruce entre Manuel Quiroga e a rúa San Roque, onde se colocaron valos e sinais.

Os traballos levaranse a cabo os días indicados, de 8 da mañá a 8 da tarde, e dende o Concello do Barco prégase aos veciños da zona que sigan as indicacións dos operarios encargados da regulación do tráfico, “para conseguir que as obras leven a cabo coas menores molestias para os habitantes desta zona”. Ademais “aconséllase estacionar no aparcadoiro situado na rúa Manuel Quiroga, e na zona do Cemiterio”.

Artigos relacionados

Back to top button