DeportesÚltima hora

Resultados de podio para o Club Atletismo Rúa

Competían no Memorial Gregorio Pérez Rivera en Lugo e na fase provincial de Xogade nas pistas de Monterrei
Atletas do Club Atletismo Rúa na proba de Xogade./ Foto cedida polo club.

Balance moi favorable para os atletas do Club Atletismo Rúa na fin de semana do 19 e 20 de maio. Neses días acudían ao Memorial Gregorio Pérez Rivera, en Lugo, onde Javier Domínguez De la Maza afrontaba a súa primera competición despois dun longo período de recuperación. Participaba no lanzamento de xavenila ( 800gr), onde lograba unha marca de 42’51 m, facéndose coa primeira posición.

Ademais o Atletismo Rúa participaba no Campionato provincial de pista ao aire libre “Xogade” nas pistas de Monterrei (Ourense), con finalistas e podios.

Resultados

Na categoría Sub 10:
– Dylan González, en 50 m posto 18 cun tempo de 9:88.
– Carlota Navarro en 50 m fixo unha marca de 9:39 conseguindo o pase a final provincia, onde acadaba un cuarto posto e unha marca de 9:26. En lonxitude foi oitava cunha marca de 2,19.
– Sheila Magali Rodríguez Sosa: quinta en lonxitude (2,70), en altura con 0, 90 quedaba terceira.

Na categoría Sub-12:
– Bruno Da Silva Antúnes: sexto con 3, 02 en lonxitude, sétimo nos 500 m. (1:54:47)
– Alba Moral Domínguez: nos 60 m consiguiu una marca de 10:65 e décima posición. En lonxitude con 2,65 foi sexta.

Na categoría Sub-14:
– Xabier Pérez Fernández: Nos 80 m obtiña a posición duodécima  (13:15), en lonxitude oitavo con 2,85, en peso (3 kg) lanzou ata a distancia de 4,21 m, facéndose coa oitava posición.

Dende o Atletismo Rúa faise unha valoración positiva destas actuacións, foi “unha gran xornada para o club, con todos mellorando as súas marcas e pasándoo ben”. Ademais o club expresa as súas fecilitacións aos deportivas e o seu agradecemento.

Artigos relacionados

Back to top button