En portadaÚltima hora

Resultados negativos de Covid-19 en usuarios e persoal da residencia de Manzaneda

Son "todos negativos, o cal é unha inmensa ledicia", confirma o alcalde, Amable Fernández.

 

Realización de test o pasado 14 de abril na residencia de Manzaneda./ Foto cedida.

Con gran satisfacción vén de recibir o Concello de Manzaneda o resultado dos test de detección de coronavirus que se realizaban o pasado martes 14 de abril ao total de usuarios e persoal da residencia da terceira idade Gabino García Fernández deste municipio. Son “todos negativos, o cal é unha inmensa ledicia”, resalta o alcalde, Amable Fernández.

Neste senso, o rexedor expresa o seu gran agradecemento aos residentes “pola súa paciencia ante esta situación”, aos traballadores “polo seu esforzo e dedicación”, ao “compañeiros do Centro de Saúde por estar sempre pendentes de nós, ao responsable sanitario do PAC por darnos as directrices a seguir, aos traballadores do Concello por seguir ao pé do canón, aos membros de Protección Civil de Manzaneda pola súa inestimable axuda, a todos aqueles que nunca deixaron o seu posto de traballo para que non nos faltase de nada”, así como á toda a veciñanza “polo seu sacrificio no día a día”.

Aínda así, Amable Fernández tamén advirte que non se debe baixar garda antes o virus. “Esta gran nova non debe supoñer unha relaxación no traballo de prevención e confinamento que estamos a levar a cabo nas útimas semanas, máis ben ao contrario: debe ser unha gran motivación e estímulo para todos nós, xa que todos estes esforzos realizados ata agora deron o seu froito”. E anima á veciñanza a seguir “nesta liña, todos xuntos somos máis fortes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button