ConcellosSanidadeÚltima hora

Resultados negativos nos tests realizados na residencia de maiores de Larouco

Este concello valdeorrés permanece polo de agora libre de coronavirus

Persoal da residencia de maiores de Larouco tras coñecerse os resultados dos tests./ Foto cedida.

 

Os test de detección de Covid-19 que se lles realizaban aos usuarios e persoal (incluído o de cociña, que é un servizo externo) da residencia da terceira idade DomusVi Larouco veñen de dar resultados negativos, tal e como confirma a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Estas probas realizábanse neste centro de maiores o 12 de abril, pero foi neste sábado 18 de abril cando se coñecían os resultados, que se recibían de maneira moi positiva en Larouco. “Estamos moi contentos e é un orgullo persoal, o que demostra é o traballo e o esforzo do persoal da residencia, pero isto tamén significa que non se pode baixar a garda”, di a rexedora de Larouco, un concello valdeorrés que, polo momento, segue libre de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button