ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Retirados dous niños de vespa velutina na Rúa

 

Continúan aparecendo niños de vespa velutina en Valdeorras. A agrupación de voluntarios de Protección Civil da Rúa vén de proceder a retirada de dous localizados neste municipio. Un deles estaba nun silveiral dunha viña do Castrillón (Vilela), a onde acudía a Policía Local da Rúa, e o outro no balcón dun cuarto piso da céntrica rúa Campogrande.

Fotos cedidas.

 

Retirada do niño no balcón dun piso na rúa Campogrande.

Artigos relacionados

Back to top button