ConcellosÚltima hora

Retiran os vagóns do tren descarrilado en Sobradelo para poder desguazalos

A liña férrea leva cortada dende a tarde do 28 de xullo, na que se producía o accidente dun tren de mercadorías

 

Na tarde deste domingo 2 de agosto varios operarios de Adif, contando coa colaboración do GES Valdeorras, procedían a retirar os vagóns do tren de mercadorías descarrilado o pasado 28 de xullo á altura das piscinas de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Para retiralos, volcaban os vagóns ao río Sil, co fin de poder despois desguazalos. Desta maneira tamén deixaban libre a vía para poder iniciar os traballos de reparación de cara a recuperar a circulación ferroviaria na liña Monforte de Lemos-Ponferrada, cortada dende o día do accidente.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close