EconomíaEconomíaÚltima hora

Retírase un niño secundario de velutina nas Terras de Trives

Localizábase moi preto do río San Lázaro, un pouco máis arriba da Ponte Bibei romana

 

Imaxe do niño antes da súa retirada.

Tamén na comarca das Terras de Trives se constata a presenza da Vespa velutina. Vén de retirarse un niño secundario de gran tamaño (máis de 50 cm de diámetro aproximadamente) desta avespa na zona do Caneiro, máis arriba da ponte romana Bibei, entre os municipios de Manzaneda e Trives. Estaba situado no alto dunha árbore, nas proximidades do río San Lázaro.

Trátase do primeiro niño secundario de Vespa velutina retirado nos concellos de Trives-Manzaneda. Crese que coa caída da folla nas árbores poderían aparecer novos niños, por iso recoméndase que no caso de localizar algún se dea aviso ao 012.

 

Vista do lugar onde se atopou o niño (no centro da imaxe), no alto dunha árbore.

Artigos relacionados

Back to top button