En portadaÚltima hora

Retírase unha das instalacións de enBarcArte ao desaparecer a maioría dos seus elementos

As outras seis instalacións deste festival artístico poderán visitarse ata o vindeiro 30 de setembro no Barco
Imaxe da instalación “Consumo consumado”, con só dous gatos, na mañá do 17 de setembro./ Foto: A.R.

As persoas que a partires do 18 de setembro percorran o conxunto de instalacións artísticas de enBarcArte no Barco xa non poderán ver unha das sete pezas que formaban parte da mostra. Trátase de “Consumo consumado”, realizada polo colectivo CalaveraClon.

Esta instalación montábase inicialmente na Casa do Río Cigüeño, pero por motivos de seguridade decidíase trasladala ata a praza do Concello, onde permanecía ata a noite do 17 de setembro. O motivo da súa retirada era a desaparición da maior parte dos seus elementos. Dos case vinte figuras de gatos chineses que a compoñían, dous desaparecían xa nos primeiros días deste festival artístico e, tras as Festas do Cristo, tan só quedaban dous delas.

Ante esta situación, o comisario de enBarcArte, Jorge Barredo, decidía proceder a retirala. “Tal e como está agora mesmo esta instalación non ten sentido, por iso optamos por quitala. Colocaremos aquí un cartel explicando que se retirou por motivos de vandalismo”, indicaba.

As outras seis instalacións si poderán visitarse ata o vindeiro 30 de setembro no Barco, así como a exposición colectiva de arte contemporánea “Inter-relacións. Patróns de converxencia” na sala Abanca do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close