Aos 72 anos lograba subir sen descanso dende Santa María de Trives ata Cabeza de Manzaneda, apoiado por unha trintena de amigos
Ilusión e apoios non lle faltaban. Algo que, sen dúbida, influíu no resultado. Manuel García Pascual, un trivés de 72 anos, asumía na mañá deste 15 de xuño o reto deportivo de subir en bicicleta sen ningún tipo de descanso dende Santa María de Trives ata a Cabeza de Manzaneda, pasando polas localidades de Pareisas e Coba ata a estación de montaña.
Unha trintena de amigos, animábano e apoiábano nesta aposta deportiva, que finalmente lograba facer realidade. Despois a celebración continuaba cun xantar no Hostal Restaurante La Viuda de Trives, logo co San Nordés no Boliche e, finalmente, haberá despedida nocturna no Troula.
Fotos cedidas.