Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Retómanse as “Andainas Val de Quiroga” cunha ruta ao Mirador da Conchada

A actividade terá lugar o vindeiro domingo, 19 de xullo, ás 9:00 horas

As “Andainas Val de Quiroga” retomaranse o vindeiro domingo, 19 de xullo, cunha ruta ao Mirador da Conchada. Esta actividade enmárcase no programa de rutas do Concello de Quiroga “Xuntos pero non revoltos”, e comezará ás 9:00 horas con saída dende Praza España.

 

Percorrido da andaina.

 

Os participantes desta andaina subirán ata o Mirador da Conchada, para despois continuar ata Espandariz e a praia fluvial de San Clodio. O final do percorrido será o Centro Social de Quiroga, onde os participantes poderán degustar diversos pinchos.

A actividade é de balde, pero haberá que incribirse, como data límite, o venres 17 de xullo. Dende a organización recordan que será obrigatorio o uso de mascarilla e manter a distancia social.

Artigos relacionados

Back to top button